Crónica del sur de Lugo

18 medallas para os do Neka no campionato provincial escolar en Taboada

•O vindeiro 6 de maio, Monforte de Lemos acollerá a celebración do campionato galego de taekwondo

O grupo de deportistas do ximnasio Neka, logo de participar no campionato provincial escolar de taekwondo en Taboada, o 22 de abril. (Foto cedida).

O club Neka vén de engadir un novo lote de medallas desta tempada, esta vez no Campionato Provincial de Taekwondo en idade escolar nas modalidades de técnica e freestyle. A proba, que se celebrou en Taboada o pasado 22 de abril, rematou para os monfortinos con 18 medallas, das que 5 foron ouros, outras 5 prata, e as restantes 8 de bronce.
Ao primeiro posto do podio subiron Aldara Carballude, Lucía Roca, Aitor Teijeiro, Laura Álvarez e Daniel Areán. As medallas de prata foron conseguidas por Alan David Bustamante, Marco García, Carla Pardo, Ana López e Raúl Vázquez. Así mesmo, as medallas de bronce corresponderon a Santiago Gómez, Leyre Rodríguez, Eva López, Daniel Pérez, Karla Novo, Gael Trujillo, Yeray Rodríguez e Yasmin Rodríguez. Tamén conseguiron clasificarse Saray del Río e Yatlem Díaz.
Esta “completísima” vitoria, segundo expresou o adestrador, José Mª Vega, supón un pasaporte inmellorable para o vindeiro reto, que será a proba autonómica en Monforte, o 6 de maio.
Namentres, o 23 de abril colleron o pasaporte con dirección a Grecia Elena Varela e Álex Camba, para disputar o Campionato do Mundo de taekwondo praia, un “soño cumprido” para os do Neka. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio