Reunión en Folgoso para avanzar no novo Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galicia

•A ronda de mesas de traballo empezou en Ourense, e continuou este mes con reunións na Ribeira Sacra e no xeodestino Ancares-Courel

A mesa de traballo do xeodestino Ancares-Courel, celebrada en Folgoso o pasado 12 de abril, contou coa asistencia do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. GPDTL
A Xunta de Galicia vén de impulsar os traballos para deseñar o Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galici. Unha vez adxudicada a súa elaboración, estanse a celebrar unha serie de mesas de traballo cos representantes dos axentes implicados no sector, para que trasladen as demandas e necesidades á redacción do documento final.
As sesións de traballo de campo comezaron o mes pasado en Ourense, e xa en abril iniciáronse as reunións nos xeodestinos de Lugo e Terra Cha, a Mariña Lucense e a Ribeira Sacra. O pasado 12 de abril, tivo lugar en Folgoso o encontro de traballo correspondente ao xeodestino Ancares-Courel, reunión á que tamén asistiu o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
CATRO ANOS DE CRECEMENTO CONSECUTIVO NA DEMANDA DE TURISMO RURAL EN GALICIA
O obxectivo destas mesas de traballo é, segundo explicaron os responsables autonómicos, establecer as liñas, retos e oportunidades de futuro dun sector, o do turismo rural, con grandes perspectivas de crecemento. De feito, dende a Xunta salientaron que o turismo rural está a sumar catro anos consecutivos de aumento da súa demanda. A liña ascendente marcou un pico histórico en 2017, ano en que o turismo rural rexistrou en Galicia case 450.000 pernoctas e 200.000 viaxeiros.
NECESIDADE DE INFRAESTRUTURAS E ESTADO DO ACCESO A INTERNET, NOS TEMAS DA REUNIÓN DO COUREL
A reunión de Folgoso aportou información para incorporar ao deseño do Plan Estratéxico, con datos acerca dos servizos que se ofrecen neste xeodestino, a mobilidade, as necesarias infraestruturas, o acceso a internet e a oferta enogastronómica. Tamén se falou das actividades complementarias para o lecer e do peso dos establecementos rurais na oferta hoteleira, entre outras cuestións.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou en Folgoso que “o Plan Estratéxico será a guía para avanzar na senda do crecemento, logo de que déramos un paso importante hai pouco coa constitución do xeodestino Ancares-Courel”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conta atrás para desfrutar da música, o viño e as tradicións na XXVII Feira do Viño de Vilachá

Seguinte Nova

A Deputación completou o arranxo da estrada entre Sarria e Goián con 325.000 euros

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: