O 20 de maio poñerase en marcha de novo o muíño de Bendilló

•Conta atrás para celebrar en Quiroga a edición número 18 da Mostra do Aceite

Os produtos típicos da zona acompañan ao aceite nos stands da Mostra, que terá lugar en Bendilló o 20 de maio. Arquivo EC
Quiroga volverá a exaltar a singularidade do seu aceite en Bendilló. O 20 de maio celebrarase no emblemático muíño desta parroquia quiroguesa a XVIII Mostra do Aceite de Quiroga, coa participación de media ducia de colleiteiros. Logo de pechar o prazo de inscrición o 20 de abril, as mostras recollidas someteranse á pertinente análise e posterior panel de cata. Os catadores daranse cita, como vén sendo habitual nas últimas edicións, no Museo Etnográfico Municipal de Quiroga, nunha data aínda pendente de confirmar.
Dende o Concello de Quiroga, entidade organizadora da Mostra do Aceite, adiantaron algúns detalles da xornada festiva. Como cada ano, o muíño artesanal de Bendilló estará activo durante toda a xornada do domingo 20 de maio, para amosar aos visitantes o procedemento ancestral de elaboración do aceite quirogués. No recinto da mostra, haberá postos de venda de produtos típicos da zona. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Darío Campos Conde, presidente da Deputación de Lugo: «Máis aló do Pleno e das Cámaras, están os veciños e veciñas, os que necesitan plans que lles ofrezan unha oportunidade»

Seguinte Nova

Nova achega provincial para a residencia de maiores de Sarria

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: