A XXV Mostra dos Viños de Pantón celebrarase o 12 e 13 de maio

•O actor Carlos Blanco será o pregoeiro deste ano

Cartel anunciador da edición número vintecinco da Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón. (Foto cedida)
O mes de maio traerá unha nova festa vinculada ao viño no sur de Lugo. Os días 12 e 13 de maio, terá lugar a XXV Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón. Este ano, o pregón virá da man dun personaxe televisivo. O actor e monologuista galego Carlos Blanco será o encargado de dar a benvida á Mostra dos Viños de Pantón, coa lectura do pregón o domingo 13 ao mediodía.
3ª ROMARÍA-FESTA DA EMPANADA
Á espera de coñecerse máis detalles, o programa da XXV Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón contará con música, gastronomía e os mellores viños. Este ano, cumprirase a terceira edición da Romaría-Festa da Empanada, evento que se celebrará o sábado 12 de maio. No recinto haberá empanadas á venda, aínda que a organización recomenda reservar nas panaderías Chimpa, Siós,
Tarrazo e Tuiriz. Para dispoñer de mesa, haberá que facer reserva previa nos teléfonos 626 491190 ou 698 157302. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte estará a débeda cero antes dun ano

Seguinte Nova

Darío Campos Conde, presidente da Deputación de Lugo: «Máis aló do Pleno e das Cámaras, están os veciños e veciñas, os que necesitan plans que lles ofrezan unha oportunidade»

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: