Crónica del sur de Lugo

Recepción oficial no Concello de Monforte á atleta Saleta Fernández

A atleta monfortina Saleta Fernández, logo da recepción oficial no Concello de Monforte, xunto ao alcalde, membros da Corporación, familiares e amigos, o 30 de marzo. GPCM

O pasado 30 de marzo, tivo lugar no Concello de Monforte a recepción oficial á atleta Saleta Fernández, con motivo da súa proclamación como campiona de España de salto de altura. No acto, presidido polo alcalde de Monforte, José Tomé, estiveron presentes varios membros da Corporación local, así como familiares e achegados da deportista monfortina.
O rexedor local destacou a traxectoria de Saleta, “polas súas cualidades para o deporte e polo seu esforzo”. “Saleta cando compite sempre nos dá unha alegría, ben porque mellora a súa marca persoal, ou ben porque gaña a competición”. Tomé transmitiu así mesmo “a satisfacción de todos os monfortinos” polos logros da deportista.
Saleta Fernández agradeceu ao Concello este recoñecemento, e tamén deu as gracias “a quen se acordou para que as pistas de atletismo leven o meu nome”. Saleta precisou que isto “quizais sexa un pouco excesivo, pero sempre estarei moi orgullosa” por esta mención. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

     
Ir a Inicio