Crónica del sur de Lugo

Monforte acollerá o 29 de abril o Campionato Galego de Voleibol cadete feminino

•A Federación outorgou a máxima valoración á proposta presentada polo CV Ribeira Sacra

Imaxe de arquivo do equipo cadete feminino do CV Ribeira Sacra. (Foto: CV Ribeira Sacra).

Monforte volverá a protagonizar a actualidade deportiva a nivel autonómico. O domingo 29 de abril, o Pavillón Municipal de A Pinguela acollerá o Campionato Galego de Voleibol cadete feminino, no que será anfitrión o Club Voleibol Ribeira Sacra.
Dende o club monfortino celebraron ser elixidos pola Federación, logo de superar en puntuación aos clubes de Cambados e Oleiros. “É unha satisfacción volver a traer un campionato galego a Monforte”, salientaron dende o club, e animaron a “encher as gradas de A Pinguela para animar ao noso equipo”. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio