Crónica del sur de Lugo

O musicólogo sarriao Abraham Cupeiro ofrece concertos en Monforte e Chantada

Imaxe promocional dos concertos que ofrecerá o musicólogo sarriao Abraham Cupeiro no ciclo organizado pola Deputación de Lugo. GPDL
Coincidindo co Ano Europeo do Patrimonio, a Deputación de Lugo vén de organizar unha programación cultural en torno á recuperación de instrumentos musicais. Este ciclo virá da man do musicólogo sarriao Abraham Cupeiro, que ofrecerá catro concertos para o público en xeral en Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba. Ademais, o programa completarase con sesións didácticas, tamén guiadas por Cupeiro, en 16 centros educativos da nosa provincia.
CONCERTO EN CHANTADA O 20 DE ABRIL, E O 4 DE MAIO EN MONFORTE
No sur lucense, a primeira cita desta programación cultural terá lugar en Chantada, cun concerto de Abraham Cupeiro o venres 20 de abril no Auditorio Municipal, a partir das 20,30 horas. A actuación en Monforte de Lemos está prevista para o venres 4 de maio, tamén ás oito e media da tarde, no Edificio Multiusos.
CONCERTOS PEDAGÓXICOS
A quenda de concertos didácticos que ofrecerá Abraham Cupeiro pola provincia contará con cinco paradas no sur de Lugo. Así, o venres 20 de abril, o musicólogo amosará a súa colección de instrumentos musicais nunha sesión no Auditorio Municipal, a partir das 12 horas, adicada ao alumnado do IES Val do Asma e do IES Lama das Quendas.
EN MAIO, CONCERTOS EN BÓVEDA, SAN CLODIO, SARRIA E MONFORTE
Xa o luns 2 de maio, Cupeiro ofrecerá unha sesión didáctica en Bóveda, no CEIP Rosalía de Castro, ás 11, e o mesmo día pola tarde, ás 15 horas, estará no Salón Multiusos do Concello de Ribas de Sil, nunha actuación aberta a pais, nais e alumnado do CEIP San Clodio.
O concerto de Sarria terá lugar o 3 de maio, no salón de actos do IES Xograr Afonso Gómez, para o alumnado do centro e do IES Gregorio Fernández, ás once e media.
A programación de Abraham Cupeiro completarase en Monforte, cun concerto no Multiusos o venres 4 de maio ás 11 horas, para os colexios e institutos.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio