Numeroso público achegouse a Sober o Domingo de Ramos, para desfrutar coa XXXVIII Feira do Viño de Amandi. Esta cita enolóxica, decana na provincia, contou este ano coa presenza da intérprete e compositora Cristina Pato, que ofreceu un pregón acompañado do seu gran talento musical. Pato interpretou varias pezas xunto á Banda Municipal de Música de Sober, nunha celebración que tivo ao Concello de A Pobra do Brollón como municipio homenaxeado.
A XXXVIII Feira de Amandi tamén recoñeceu o traballo e dedicación dos adegueiros. Os resultados da cata oficial da festa enolóxica deron como gañadores aos viños tintos Don Bernardino, Cividade e Viña Peón, e ao branco Guímaro. •
Últimas noticias sobre EVENTOS
O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa Concellería de Cultura, convoca o XXXI
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
A tradicional Mostra do Aceite de Quiroga, que terá lugar o domingo 21 de abril no
O Motoclub RS Chantada vén de cambiar recentemente de directiva e nesta nova andaina decidiuse recuperar
Un ano máis, a multitude de actividades programadas, que con pequenos axustes pola ameaza de choiva