Crónica del sur de Lugo

A chuvia non puido vencer á festa na XXXVIII Feira do Viño de Amandi

A intérprete e compositora Cristina Pato foi a pregoeira da XXXVIII Feira do Viño de Amandi, que se celebrou o 24 e 25 de marzo en Sober. EC

Autoridades municipais, provinciais e autonómicas estiveron presentes o día grande da Feira de Amandi, evento que estivo adicado nesta edición ao Concello da Pobra do Brollón. EC

Numeroso público achegouse a Sober o Domingo de Ramos, para desfrutar coa XXXVIII Feira do Viño de Amandi. Esta cita enolóxica, decana na provincia, contou este ano coa presenza da intérprete e compositora Cristina Pato, que ofreceu un pregón acompañado do seu gran talento musical. Pato interpretou varias pezas xunto á Banda Municipal de Música de Sober, nunha celebración que tivo ao Concello de A Pobra do Brollón como municipio homenaxeado.
A XXXVIII Feira de Amandi tamén recoñeceu o traballo e dedicación dos adegueiros. Os resultados da cata oficial da festa enolóxica deron como gañadores aos viños tintos Don Bernardino, Cividade e Viña Peón, e ao branco Guímaro. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio