Gran animación e cheo total na XXXVI Feira do Viño de Quiroga

As novas xeracións súmanse con entusiasmo, ano tras ano, á celebración da Feira do Viño de Quiroga. Numerosos grupos de mozos e mozas desfrutaron nesta gran cita enolóxica do sur de Lugo. (Fotos: EC)

A XXXVI Feira do Viño de Quiroga encheuse de veciños e visitantes, nunha fin de semana de Pascua marcada polas chuvias, que non impediron o desfrute da festa.
VIÑO, FESTA E CAMISETAS NA XXXVI FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA
Numerosos grupos de mozos e mozas sumáronse activamente á cita enolóxica de Quiroga, degustando os viños dos adegueiros e amosando a súa creatividade e bo humor cos deseños de camisetas especiais para o Concurso que acompaña á Feira do Viño. Este elemento está a funcionar como un potente atractivo para o público xuvenil, ademais de outorgarlle á celebración un carácter dinámico e sorprendente.
Ademais, o Concello de Quiroga voltou confiar o pregón a un personaxe televisivo, recurso infalible para atraer visitantes. A presentadora de Telecinco Carlota Corredera logrou encher ata a bandeira a carpa da XXXVI Feira do Viño de Quiroga, na tarde-noite do sábado 31 de marzo. Corredera estreouse en Quiroga co seu primer pregón en Galicia, nunha cita na que se recoñeceu “impactada pola beleza” destas terras, e “enormemente honrada por ser a súa embaixadora este ano”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte destina máis de 130.000 euros a arranxar 31 pistas no rural

Seguinte Nova

A Unidade de Drogodependencias de Monforte trasladarase á Praza da Estación

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: