Crónica del sur de Lugo

O PP provincial destaca que Lugo é unha das provincias máis beneficiadas dos Presupostos do Estado

•O senador Barreiro salientou que as contas de España beneficiarán “de forma directa” a máis do 46% da poboación lucense

O voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, explicou en rolda de prensa en Lugo o impacto na provincia dos Presupostos Xerais do Estado, o 4 de abril. (Foto cedida)
As contas do Estado para 2018 beneficiarán “de forma directa” a máis do 46% dos lucenses, debido “ao seu carácter marcadamente social”. Esta foi a valoración realizada polo voceiro do Partido Popular no Senado, José Manuel Barreiro, nunha rolda de prensa ofrecida en Lugo a comezos do mes de abril. Barreiro, que estivo acompañado, entre outros, polo senador Dámaso López, salientou que os Presupostos Xerais que ten preparados o Goberno de Mariano Rajoy “avanzan no proceso de creación de emprego e de recuperación económicas”.
MELLORAS PARA PENSIONISTAS E OUTROS COLECTIVOS
Barreiro precisou que, segundo as previsións do Goberno de España, os 122.000 pensionistas que residen na provincia de Lugo vanse beneficiar dun incremento na súa pensión, o que supón 9 de cada 10.
Barreiro explicou que esta mellora adquisitiva exténdese aos 30.000 funcionarios da provincia, os 29.000 viúvos e viúvas, e os máis de 1.350 efectivos das forzas de seguridade.
INVESTIMENTOS NO SUR LUCENSE
No apartado de investimentos, Barreiro puntualizou a partida de licitación de 2,5 millóns de euros para o intercomunicador entre a A-54 e a N-540 en Guntín. Ademais, o voceiro popular no Senado destacou que está prevista unha partida para iniciar a redacción do proxecto da variante de Monforte de Lemos, da autovía A-72 Monforte de Lemos-Chantada, licitado en 2017.
Así mesmo, e no tocante ao mantemento e conservación de estradas, José Manuel Barreiro destacou varias partidas para a rehabilitación superficial do firme en varios treitos da N-540 e da N-642 en Lugo, ademais de melloras nos cruces da N-547 do Camiño de Santiago.
Nos ferrocarrís, Barreiro explicou que o Estado destinará 8,9 millóns a Lugo. Entre as actuacións previstas, inclúense os 3,7 millóns da liña Ourense-Monforte-Lugo, 2,7 millóns para iniciar a renovación e variantes da liña Monforte-Lugo, e o “compromiso de seguir traballando” na variente da Pobra de San Xiao. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio