O programa Lugo Termal 2018 beneficiou a 650 maiores lucenses

•O balneario de Augas Santas, en Pantón, foi o que rexistrou máis usuarios deste programa, cun total de 404 persoas

O presidente da Deputación, Darío Campos, conversou con usuarios do Lugo Termal 2018 no Hotel Balneario da capital provincial, o pasado 12 de marzo. GPDL
• R.-MONFORTE. O programa Lugo Termal 2018, que desenvolve a Deputación dende o mes de decembro, acadou a mediados deste mes un total de 650 beneficiarios. Con esta iniciativa, o organismo provincial busca potencia o benestar social entre os maiores, ao tempo que impulsa o turismo termal. O programa, destinado a maiores lucenses maiores de 55 anos, ofreceu importantes descontos para tratamentos termais, con ou sen estancia, en tres balnearios da provincia.
MÁIS DE 6.000 BENEFICIARIOS DO LUGO TERMAL EN SETE ANOS DE FUNCIONAMENTO
O presidente da Deputación, Darío Campos, quixo coñecer de primeira man a experiencia dos usuarios desta quenda. Acompañado pola deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, achegouse ata o Hotel Balneario de Lugo, para manter un encontro con varios usuarios do programa termal. Campos Conde destacou que esta iniciativa «segue a espertar un grande interese entre os maiores da provincia». O mandatario provincial lembrou as máis de 6.000 persoas maiores de 55 anos que participaron no Lugo Termal dende a súa posta en marcha, hai sete anos.
Campos Conde destacou tamén a atención especial que dá o Lugo Termal a persoas con mobilidade reducida, ou os programas específicos para usuarios con algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ofrece unha ampla programación para a Semana Santa

Seguinte Nova

A Xunta saca a licitación o arranxo da LU-212 por Taboada e Monterroso

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: