Crónica del sur de Lugo

En marcha a nova edición do Campus de Emprendemento Sostible

•As catro edicións anteriores permitiron que 21 emprendedores puxeran a andar os seus proxectos en 10 municipios

Darío Campos conversou cos participantes no V Campus de Emprendemento Sostible, na visita formativa que realizaron ao taller de Idoia Cuesta, artesá e directora creativa, situado en Outeiro de Rei, o 15 de marzo. GPDL

• A quinta edición do Campus de Emprendemento Sostible xa está en marcha. Este programa da Deputación de Lugo ofrece a sete lucenses asesoramento específico e axeitado ás súas necesidades, para que poidan botar a andar os seus proxectos laborais.
Para coñecer de primeira man como está a desenvolverse esta edición do Campus, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañou aos participantes do Campus na visita que realizaron ao taller de Idoia Cuesta, unha das artesás máis recoñecidas da nosa provincia. A empresa, que leva o nome da súa fundadora, está radicada en Outeiro de Rei, e constitúe, segundo destacou o mandatario provincial, “un modelo de negocio sostible e asentado no rural lucense”. “Agardamos que con esta quinta edición do Campus xurdan novas iniciativas empresariais”, manifestou o presidente da Deputación. Campos Conde lembrou que xa son 21 as empresas que arrancaron a raíz da experiencia do Campus de Emprendemento Sostible, nas catro edicións anteriores.
O Campus ofrece unha primeira fase formativa de carácter xeral e teórico, na que tamén se coñecen de cerca proxectos exitosos. A segunda fase está centrada nos proxectos de cada participante, co que se analiza a viabilidade da súa idea empresarial, así como o enfoque medioambiental con exemplos práticos. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio