O debuxante Siro López doa á Deputación tres retratos de persoeiros lucenses

O debuxante Siro López durante a entrega das tres obras da súa colección ao Museo Provincial de Lugo, xunto á deputada de Cultura, Pilar García Porto, o 12 de marzo. GPDL

• Os fondos do Museo Provincial de Lugo veñen de recibir tres novas pezas, trala doazón efectuada polo seu propio autor, o debuxante Siro López. O pasado día 12, o artista entregou á Deputación de Lugo os retratos en témpera realizados a tres ilustres persoeiros nacidos na provincia de Lugo.
A deputada de Cultura, Pilar García Porto, agradeceu a “implicación e xenerosidade” de Siro cos lucenses. “Para nós é unha honra e un orgullo que os museos da Rede Museística da Deputación poidan exhibir pezas dun dos mellores artistas galegos”, afirmou.
Os retratos asinados por Siro corresponden aos lucenses Paco Pestana, escultor nacido en Castroverde, Celestino Fernández de la Vega, natural de Friol e unha das figuras máis senlleiras do galeguismo, e Ramón Piñeiro, intelectual lancarao, referente da denominada “xeración Galaxia”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Dolores Redondo, Premio Planeta 2017, reuniu a periodistas e editores franceses na adega Vía Romana, para promocionar a Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Os produtos ecolóxicos e a mel, proxectos premiados por Semente de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: