Novos investimentos da Deputación para arranxar estradas en 6 municipios do sur lucense

•Os traballos realizaranse en viais provinciais de Bóveda, O Saviñao, Quiroga, Ribas de Sil, Láncara e Paradela

Roda de prensa do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o pasado 6 de marzo. GPDL
• A Deputación de Lugo vén de aprobar, no que vai de mes, un investimento de 4,7 millóns de euros para acondicionar 31 estradas en 15 municipios.
ARRANXOS NA COMARCA DE SARRIA E DE LEMOS
O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, precisou o detalle destes investimentos, que no sur de Lugo suporá o acondicionamento de estradas en seis municipios.
A primeira quenda de investimentos, aprobada en Xunta de Goberno o 2 de marzo, ten un montante de 2,9 millóns, para arranxar un total de 35 quilómetros repartidos por 15 viais provinciais de oito concellos. Na comarca de Sarria, as actuacións beneficiarán á LU-P-4206 de Loio a San Facundo, en Paradela, así como á LU-P-2703 en Láncara, da Pobra de San Xiao a Carracedo, nun tramo de 2,7 quilómetros.
Nas Terras de Lemos, os traballos provinciais servirán para mellorar dúas estradas en Bóveda. En concreto, intervirase nun total de 2,6 quilómetros, na LU-P-0907 de Teilán ao límite provincial, e na LU-P-0905 de Bóveda por Martín á LU-P-5804. No Saviñao, as actuacións provinciais concentraranse en 9,9 quilómetros das estradas LU-P-5804 de Rebordondiego por Aiaz a Morgade, e da LU-P-5807 de Lamaquebrada a Montecelo.
1 MILLÓN PARA ROZA, E 174.000 EUROS PARA SAL CONTRA O XEO
Ademais das partidas para viais, o organismo provincial aprobou 1 millón de euros para labores de roza en toda a rede, e 174.000 euros para sal de mina, destinada a mellorar a vialidade en situacións de xeo e neve.
MÁIS ARRANXOS NO SUR
A maiores destas medidas, a Deputación deu luz verde, na Xunta de Goberno do día 6, a un segundo paquete de investimentos, por valor de 1,8 millóns de euros. Desta quenda, serán 34 os quilómetros que se van acondicionar en 16 estradas de 8 municipios.
No sur, vanse arranxar 3 quilómetros da LU-P-4201, dende Pacios a Mosteirovello, e da LU-P-4202, de Aldosende-Currelos, en Paradela; 3,1 quilómetros en Ribas de Sil, na LU-P-5301 de San Clodio ao Alto da Cruz; e 2,2 quilómetros en Quiroga, da LU-P-5001 dende Ponte Barreiro a Vilarbacú,  e LU-P-5005 dende o Alto de Aldriz a Vilar de Lor.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os postos da XVI Feira Medieval de Monforte chegarán ata as Clarisas e o Campo de San Antonio

Seguinte Nova

A Feira Medieval conmemorará cun espectáculo a refundación de Monforte como cidade no século XII

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: