Crónica del sur de Lugo

A teleasistencia gratuíta provincial aumentou o número de usuarios nun 65%

•A Deputación presentou os datos deste servizo, logo dos cambios introducidos en 2016 •Deste xeito, aténdese gratuítamente a máis de 1.500 maiores con limitación de autonomía

Presentación do balance da Teleasistencia da Deputación, a finais do mes pasado. GPDL
• O servizo de Teleasistencia que ofrece a Deputación atende a 1.512 maiores lucenses, un 65% máis que en 2016. Estes datos corresponden ao balance deste servizo, logo da entrada en vigor da ordenanza provincial que xerou 650 prazas máis, cunha atención máis próxima e individualizada.
CRÍTICAS Á XUNTA
Os responsables provinciais explicaron que a Deputación ofrece este servizo, de xeito totalmente gratuíto, a persoas maiores que teñan limitacións na súa autonomía. A deputada de Promoción Económica, Sonsoles López, criticou o sistema de teleasistencia da Xunta, “que obriga ao copago dos usuarios, e deixa a moita xente fóra, porque só considera ás persoas catalogadas como dependentes”.
PERFIL DO USUARIO
O perfil do usuario da teleasistencia gratuíta en Lugo é unha muller maior de 80 anos que vive en zonas rurais, soa ou con outros maiores na casa. Do total de usuarios, o 70% viven sós. En canto á idade, case o 80% teñen máis de 81 anos. Cabe destacar que Lugo acada a taxa máis elevada de España en usuarios maiores de 95 anos, cun 4,5%.
Para mellorar o servizo, o Pleno da Deputación aprobou a finais de febreiro a proposta do Partido Popular de dotar aos usuarios con dispositivos móbiles ou xeolocalizadores de persoas. Dende o PP precisaron que o obxectivo é ampliar a cobertura “máis alá do domicilio do usuario, para seguridade e tranquilidade”.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio