Medio Rural iniciou en Bóveda o reparto de materiais contra a vespa velutina

•A directora xeral de Agricultura desprazouse a unha explotación de Bóveda para supervisar a colocación do trampeo de primavera

A directora xeral de Agricultura e o delegado da Xunta comproban en Meles Anta de Bóveda o sistema de trampeo para velutina. GPDTL

 

• Este ano, a Consellería de Medio Rural está a distribuír material contra a vespa velutina a 3.048 apicultores de Galicia, co que se protexerán preto de 93.000 colmeas. O anuncio coincidiu coa visita da directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, á explotación apícola que Meles Anta ten no municipio de Bóveda. Alí puido comprobar a colocación destes dispositivos para o trampeo de primavera, sistema fundamental para capturar as raíñas nesta época do ano. Cada raíña capturada suporá un niño menos.
O material, composto por trampas e líquido atraente, está a disposición dos apicultores nas oficinas agrarias comarcais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación achegará 1,2 millóns para a residencia de maiores da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

A teleasistencia gratuíta provincial aumentou o número de usuarios nun 65%

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: