Crónica del sur de Lugo

A Deputación achegará 1,2 millóns para a residencia de maiores da Pobra do Brollón

•Aprobado o convenio de colaboración entre o organismo provincial e o Concello, ao que lle corresponde achegar outros 200.000 euros

Imaxe de arquivo da visita do presidente da Deputación aos terreos nos que se construirá a residencia de A Pobra do Brollón, con membros da agrupación socialista local. (Foto cedida).
• A Deputación de Lugo vén de dar luz verde á construción da residencia de maiores da Pobra do Brollón. Na Xunta de Goberno do 2 de marzo, o organismo provincial aprobou o convenio de colaboración co Concello, ao que lle corresponderá achegar un total de 200.000 euros. A partida da Deputación para esta obra será de 1,2 millóns.
GONZÁLEZ: “O PSOE CUMPRE COS VECIÑOS DA POBRA”
O voceiro socialista no Concello, Javier González, gabou este novo paso, lembrando que con esta medida “o PSOE cumpre cos veciños da Pobra”. González precisou que a futura residencia se construirá na Avenida de Outeiro, ao lado do centro de día, “como nos comprometemos e recollía o noso programa electoral”.
A residencia, que disporá de preto de 30 prazas, vén atender as necesidades da veciñanza. En palabras do voceiro socialista na Pobra, “este orzamento xa é unha realidade, polo que todos os veciños da Pobra do Brollón estamos de noraboa”.
BENESTAR PARA OS MAIORES, E DINAMIZACIÓN ECONÓMICA
Javier González adiantou as vantaxes que suporá para o municipio esta nova infraestrutura social. “Impulsará o benestar dos nosos maiores, e contribuirá á mellora da súa calidade de vida”, ademais de “xerar emprego e dinamizar a economía local”. O voceiro socialista salientou que esta decisión demostra que “o PSOE está coas persoas e atende as súas necesidades, porque para iso naceu a política e o socialismo”.
OUTRAS MEDIDAS
A estas iniciativas de benestar social, Javier González engadiu as últimas aprobacións do organismo provincial en materia de infraestruturas viarias na Pobra. Estas medidas suporán un investimento de 370.000 euros para o acondicionamento dun total de 9 quilómetros de 4 estradas provinciais.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio