Crónica del sur de Lugo

O mal tempo non freou a diversión nos Entroidos do sur de Lugo

Entroido en Monforte de Lemos

O mal tempo non conseguiu parar a festa do Martes de Entroido en Monforte. A choiva deu finalmente un respiro ás comparsas e disfraces, que amosaron a súa mellor cara un ano máis. (FOTOS: EC)

Música e diversión nas comparsas do Entroido de Chantada

Chantada celebrou o Martes de Entroido cun desfile no Mercado Gandeiro, por mor da choiva. As sete comparsas participantes ofreceron un espectáculo variado e atractivo, inspirado maioritariamente nos grandes mitos do cinema, como o far-west ou o Moulin Rouge. Tamén estivo presente o imaxinario do “Carnevale” veneciano, co seu intenso glamour, e o encanto intemporal do mimo. O humor tivo un toque lunático, celebrando que “haxa un galego na lúa, que naceu no Ferrol”, como di a canción.  (FOTOS: EC)

O humor e a imaxinación puideron coa choiva no Entroido da Pobra do Brollón

Comparsas e disfraces individuais animaron a capitalidade da Pobra do Brollón no desfile do Sábado de Entroido, nunha tarde de chuvia e frío que non freou a diversión.  (FOTOS: EC)

Nenos e maiores gozaron co Concurso de Disfraces no Entroido de Bóveda

Bóveda celebrou o Domingo de Entroido cun animado Concurso de Disfraces, que encheu de música e diversión o salón de actos do Centro Sociocultural. (FOTOS: EC)

Figurantes e comparsas animaron un aprazado Entroido en Quiroga

O domingo 18 de febreiro, Quiroga gozou dun aprazado Entroido con tempo seco e boa temperatura. Nenos e maiores botáronse á rúa Real para ver o desfile de comparsas e disfraces, marcado pola imaxinación e o bo estilo dos participantes. (FOTOS: EC)

Gran ambiente e participación no Entroido aprazado en Sarria

Animado Entroido en Sarria o domingo 18 de febreiro, nunha tarde sen choiva e con moita diversión e creatividade no desfile. (FOTOS: EC)

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio