Crónica del sur de Lugo

A inscrición para os concursos da Feira Medieval será o 9 ao 26 de marzo

A caracterización do público durante a Feira Medieval de Monforte contribúe a dinamizar o ambiente festivo da cidade do Cabe. Arquivo EC
• Do 9 ao 26 de marzo estará aberto o prazo para inscribirse nos concursos que o Concello de Monforte convoca para contribuír á dinamización da XVI Feira Medieval.
Como vén sendo habitual, o Consistorio anima a establecementos e veciños a participar nesta gran celebración decorando  os seus establecementos e balcóns con elementos que recorden á época medieval. Así, haberá premios para os mellores balcóns decorados, e para establecementos comerciais e hosteleiros.
PREMIOS PARA OS MELLORES BALCÓNS MEDIEVAIS
O concurso de balcóns, que acada a súa cuarta edición, outorgarán tres premios de 100, 75 e 50 euros. Entre os criterios de valoración do xurado, teranse en conta a idea de decoración ambientada na Idade Media, os materiais empregados no deseño, e a estética do conxunto.
CONVOCATORIA PARA COMERCIOS E HOSTELERÍA
En canto aos establecementos comerciais e hosteleiros, a quinta edición deste premio inclúe tres galardóns de 200, 100 e 75 euros.
TRAXES DE ADULTOS E INFANTÍS, INDIVIDUAIS, EN PARELLA OU EN GRUPOS
Os veciños tamén poden sumarse á celebración participando no sétimo concurso de traxes medievais. As bases do certame establecen dúas categorías, para adultos e infantil ata 12 anos, con tres modalidades en cada unha delas para traxes individuais, parellas e grupos a partir de cinco membros. Haberá varios premios, de entre 275 a 25 euros. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio