Un percorrido polos esgrafiados do Saviñao a través das fotografías de Mar López Sotelo

O presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, e Mar López Sotelo comentan as características da exposición. (Foto cedida)

• O Círculo Saviñao amosa ata o 11 de marzo as fotografías que Mar López Sotelo realizou sobre os esgrafiados do Saviñao. A inauguración da mostra tivo lugar o 11 de febreiro, coa asistencia de socios e veciños de Escairón, que puideron observar a riqueza de exemplos da técnica do esgrafiado con que conta o seu municipio.

Inauguración da mostra fotográfica “Esgrafiados do Saviñao”, de Mar López Sotelo. (Foto cedida).

Segundo destacou o presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil, durante a inauguración da mostra, as fotografías de López Sotelo dan constancia dun patrimonio “ignorado no mellor dos casos, e case sempre invisible para as comunidades rurais onde se atopan”. Sampil gabou a importancia deste tipo de traballos para “contribuír á conservación e difusión” dos esgrafiados, “técnica centenaria que aporta máis personalidade e beleza á paisaxe da Ribeira Sacra”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Axudas da Xunta para financiar a mellora de aloxamentos turísticos

Seguinte Nova

A inscrición para os concursos da Feira Medieval será o 9 ao 26 de marzo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: