Crónica del sur de Lugo

A Xunta achegou 20,7 millóns en axudas para granxas na comarca de Sarria

Balseiro visitou o emprazamento da nova explotación avícola en Sarria, xunto á alcaldesa e membros da corporación. GPDTL

O impulso da Xunta ao sector agropecuario na comarca de Sarria sumou 20,7 millóns de euros en 2017. Estas achegas inclúen as aportacións da PAC, as subvencións para mellora de explotacións, as referidas á incorporación de mozos ao rural e as dirixidas a pequenas granxas. Estes foron os datos aportados polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na visita que fixo a Sarria o pasado 20 de febreiro. Balseiro, acompañado da alcaldesa, Pilar López, membros da corporación local e varios emprendedores da contorna, visitou o emprazamento dunha nova granxa avícola no municipio. A iniciativa, promovida por Avícola A Veiga SC, conta con achegas da Consellería de Medio Rural para a incorporación de dúas novas socias, así como para constrúir novas instalacións.
Balseiro lembrou que a Xunta destinou máis de 7 millóns a agricultores e gandeiros do concello de Sarria. Ademais, Medio Rural apoiou con 1,2 millóns a incorporación de 44 mozos e mozas ao rural nesta comarca. Os plans de mellora de explotacións beneficiaron a 77 persoas desta zona, e concedéronse 28 axudas a pequenas explotacións. As contías do PAC na comarca de Sarria sumaron 15,1 millóns. •

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio