O Concello de Monforte realizará novos asfaltados en viais urbanos

•O alcalde destacou que “esta é a primeira vez que hai tantas rúas en obras en Monforte”

O alcalde de Monforte, José Tomé, e o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, supervisaron as obras de asfaltado na rúa Duquesa de Alba. GPCM

O alcalde de Monforte, José Tomé, anunciou novas obras de mellora en rúas da cidade. Como primeiras actuacións, o proxecto inclúe o asfaltado das rúas Emilia Pardo Bazán e Chamoso Lamas, así como na marxe esquerda da vía do ferrocarril en Padre Feijóo. As tres actuacións contan cunha partida de algo máis de 64.500 euros. Tomé precisou que as obras se iniciarán “nos vindeiros días, se o tempo o permite”, e suporán “unha mellora significativa” nos barrios da Estación, Rioseco e As Cruces.
Ademais do asfaltado, na rúa Emilia Pardo Bazán vaise renovar a rede de abastecemento e as acometidas das vivendas. En Chamoso Lamas, instalarase un redutor de velocidade fronte á estación do tren. Ao tempo que se mellora o firme na rúa Padre Feijóo, instalarase unha rampa para os accesos a garaxes.
O alcalde anunciou tamén que en breve terán listo un novo proxecto de mellora en sete rúas da cidade, en “barrios ata agora esquecidos”. Tomé precisou que esta nova quenda de obras estarán rematadas a finais de abril. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas esixen aclaracións á Xunta sobre o servizo de Hemodinámica do HULA

Seguinte Nova

A Xunta achegou 20,7 millóns en axudas para granxas na comarca de Sarria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: