Os socialistas esixen aclaracións á Xunta sobre o servizo de Hemodinámica do HULA

•Ameazan con ir aos tribunais se o Goberno galego non amosa os datos do Rexistro Galego de Infarto, co que Sanidade xustifica non dotar ao HULA de Hemodinámica as 24 horas

O secretario xeral do PSOE en Lugo, Álvaro Santos, na súa intervención na rolda de prensado 20 de febreiro, coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o secretario de Sanidade, Miguel Fernández. (Foto cedida).
Os Socialistas de Lugo denunciarán ao Goberno galego “se segue a ocultar os mortos por infarto para non dotar á provincia de Hemodinámica 24 horas”. Así de contundente foi o anuncio realizado en rolda de prensa polo secretario xeral do PSOE lucense, Álvaro Santos, o pasado 20 de febreiro.
“SEN RESPOSTA” AS INICIATIVAS PARLAMENTARIAS PRESENTADAS POLO PSOE
O responsable da formación socialista na provincia explicou esta decisión pola falta de resposta do Goberno do Partido Popular ás 84 iniciativas parlamentarias nas que PSOE esixiu este servizo, máis as 14 solicitudes que presentaron para que se fixeran públicos os datos do Rexistro Galego de Infarto (REGALIAM).  Segundo precisou Santos, a Xunta “ampárase nestes datos para non dotar ao HULA de Hemodinámica as 24 horas os 365 días do ano”, e insistiu en que, con esta actitude, o Goberno galego “fai caso omiso aos informes científicos que acreditan a necesidade deste servizo na provincia de Lugo”.
Álvaro Santos afirmou que “ao PSOE lucense acabóuselle a paciencia”, polo que deron á Xunta “un ultimátum” de un mes para facilitar dita información. “Se neste prazo legal non aportan os datos do REGALIAM, acudiremos ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia”, declarou o responsable socialista, que non descarta “calquera outra vía” porque “non imos consentir que sigan enganando aos veciños”.
Santos lembrou que, cando os socialistas presidían a Xunta, modificaron o proxecto inicial do Hospital de Lugo para dotalo de “servizos imprescindibles”, como o de Hemodinámica as 24 horas, “servizos que o PP xa non contempla para os lucenses”. Diante do que cualifican como “desprezo do PP polos lucenses”, os socialistas levan presentadas 84 iniciativas parlamentarias reclamando este servizo para o HULA, e outras 14 pedindo os datos do Rexistro de Infartos, “que o PP nunca fixo públicos”.
Os socialistas precisaron que os únicos datos sobre infartos na provincia son os dun estudo do Instituto Nacional de Estatística de 2013, no que se constataba que a mortalidade por infarto en Lugo duplicaba a media estatal.
Horas despois de facerse público este anuncio, o Goberno galego anunciou no Parlamento que «ampliará «o servizo de Hemodinámica no HULA. «O PP só parece atender as reclamacións dos lucenses cando imos aos tribunais ou saímos á rúa», criticou Santos, que afirmou que os socialistas «non cesarán no seu traballo para que os lucenses conten con este servizo». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada, entre os 25 concellos nos que se formou a mulleres en defensa persoal

Seguinte Nova

O Concello de Monforte realizará novos asfaltados en viais urbanos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: