Crónica del sur de Lugo

Chantada, entre os 25 concellos nos que se formou a mulleres en defensa persoal

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na reunión de balance dos cursos de defensa persoal para mulleres. GPXG
• O municipio de Chantada foi un dos 25 concellos e mancomunidades nos que a Xunta organizou cursos de defensa persoal para mulleres. O obxectivo destas actuacións foi capacitar ás asistentes para facer fronte a posibles situacións de violencia de xénero. Na provincia de Lugo, os cursos impartíronse tamén en Rábade, Viveiro e Barreiros.
MÁIS DE 500 MULLERES PARTICIPARON NOS CURSOS EN 2017 EN GALICIA
O balance destes cursos foi presentado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, na reunión mantida o 12 de febreiro co presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal. Esta entidade foi a encargada de impartir os cursos, nos que participaron máis de 500 mulleres ao longo de 2017.
López Abella precisou que, ademais dos cursos de autocapacitación e defensa persoal, a Xunta está a ofrecer outras iniciativas aos municipios que pertencen á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero. Entre elas, inclúense exposicións, obradoiros educativos, actividades de concienciación ou programas de asesoramento. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio