Crónica del sur de Lugo

Presentado o primeiro documental da Queima das Fachas de Castelo en Taboada

O documental sobre a Queima das Fachas, realizado pola Fundación TIC da Deputación, presentouse no local social de Santa María de Castelo, en Taboada, o 10 de febreiro. GPDL

• A tradicional Queima das Fachas de Castelo, no municipio de Taboada, foi recollida nun documental elaborado pola Fundación TIC.
Esta entidade, dependente da Deputación de Lugo, trata de contribuír con esta peza “a manter viva unha tradición ancestral e das máis singulares de Galicia”. Así o explicou o patrón da Fundación TIC e deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, na presentación deste primeiro documental sobre a Queima das Fachas. O evento tivo lugar no local social da parroquia de Santa María de Castelo, en Taboada, e contou coa asistenza de numerosos veciños, así como do presidente da Asociación Cultural As Fachas, organizadora da festa.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio