Crónica del sur de Lugo

O 29 de abril será a Carreira Popular de Monforte

•As categorías menores agás a mini levarán por vez primeira un chip no dorsal para rexistrar os tempos de cada participante

A Carreira Popular de Monforte convoca cada ano a centos de participantes. GPCM

Monforte celebrará a súa Carreira Popular o domingo 29 de abril. Como novidade, este ano a organización incorpora un chip no dorsal das categorías menores, agás a mini, para medir os rexistros de todos os corredores. Segundo explicaron dende o Concello, esta decisión débese ao notable incremento de participantes menores de idade nas últimas convocatorias. Con este dispositivo, facilítase o rexistro dos resultados definitivos.
Ademais, establécese por vez primeira un premio para o centro educativo que logre ter o maior número de corredores traspasando a liña de meta.
Outra das novidades é que se poderá competir por grupos, sendo imprescindible que estes sexan metade homes e metade mulleres. Os grupos deberán ter entre 4 e 6 compoñentes.
En canto aos premios, en cada categoría das 5 carreiras recoñecerase aos tres mellores clasificados, agás na proba mini, que non é competitiva, e na que todos os que pasen a liña de meta recibirán medalla e bolsa de lambetadas. Ademais, haberá premios en metálico de 300, 200 e 100 euros para os tres mellores corredores na clasificación xeral masculina e feminina, e outro premio especial para os mellores corredores locais na absoluta. Por último, os tres mellores equipos clasificados recibirán un trofeo.
A inscrición, gratuíta, xa se pode formalizar na web www.championchipnorte.com. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio