A monfortina Saleta Fernández, campiona de España de salto de altura

•A atleta logrou o seu primeiro ouro en proba absoluta

No centro da imaxe, Saleta Fernández no podio do Campionato de España absoluto de Salto de Altura, no que logrou a medalla de ouro, o 18 de febreiro. (Cedida: Valencia Esports).

O deporte monfortino está de noraboa. A atleta Saleta Fernández vén de proclamarse campiona de España de salto de altura, na proba absoluta celebrada o 18 de febreiro en Valencia. A monfortina, que milita no Valencia Esports, asinou o seu primeiro título absoluto, cun excelente salto de 1,82 metros. Saleta Fernández recibiu a medalla de ouro da súa compañeira e amiga Ruth Beitia, todo un símbolo nesta disciplina deportiva, e recentemente retirada da competición.
En Monforte, este importante logro na exitosa traxectoria deportiva de Saleta Fernández foi acollido con satisfacción. De feito, a concelleira do grupo non adscrito no Concello de Monforte, Pilar López, emitiu un comunicado para felicitar á deportista monfortina, e anunciar que vai solicitar «que as pistas de atletismo de A Pinguela pasen a denominarse Saleta Fernández». Ademais, Pilar López pedirá que se instale unha placa conmemorativa, «e que Saleta sexa homenaxeada polo importantísimo triunfo acadado».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

10 concellos do sur lucense contan xa cun desfibrilador para emerxencias

Seguinte Nova

O 29 de abril será a Carreira Popular de Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: