Crónica del sur de Lugo

10 concellos do sur lucense contan xa cun desfibrilador para emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o delegado en Lugo, José Manuel Balseiro, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, na entrega dos desfibriladores aos equipos de emerxencias. GPDTL

 

• A mediados de febreiro, a Xunta entregou un total de 47 desfibriladores a 40 concellos e aos seis parques de bombeiros da provincia. Segundo explicou o delegado autonómico en Lugo, José Manuel Balseiro, “o Goberno galego entende que as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e os GES deben dispoñer desta valiosa ferramenta pola súa capacidade de resposta nas emerxencias do seu entorno”.
Na zona sur, os concellos que recibiron este dispositivo foron Carballedo e Chantada, Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga, Monforte de Lemos, Sober e A Pobra do Brollón, así como O Incio e Sarria. Os 40 concellos lucenses foron seleccionados por dispoñer de Grupos de Emerxencias Supramunicipais ou agrupacións de Protección Civil.
Balseiro precisou que a Xunta está a poñer en marcha unha “estratexia de cardioprotección” que inclúe o uso de desfibriladores fóra do ámbito sanitario, dando formación a colectivos para o seu uso.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio