160 familias reciben axuda de Cruz Vermella en Monforte

•A Deputación e o Concello contribúen con 8.000 euros •Tamén se realizaron obras de mellora no acceso ao edificio

O presidente da Deputación, Darío Campos, acompañado, entre outros, polo alcalde, José Tomé, na visita que realizou a Monforte a mediados de febreiro. GPDL

 

• As instalacións da sede monfortina da Cruz Vermella están a ser melloradas cunha achega da Deputación de Lugo.
INSTALACIÓNS SEGUNDO A NORMATIVA DE ACCESIBILIDADE
En concreto, o organismo provincial financia a renovación da rampa que dá acceso ao edificio, facilitando a entrada a persoas con mobilidade reducida. A sede da Cruz Vermella dispón de aulas, ocioteca, salas de reunión e baños adaptados, ademais de almacén e garaxe. Co arranxo desta rampa, o edificio está ao día no cumprimento da normativa vixente en materia de accesibilidade.
Para coñecer in situ estas obras, o presidente da Deputación, Darío Campos, achegouse a Monforte a mediados de febreiro. Acompañado polo alcalde, José Tomé, e varios membros do Goberno local, Campos Conde mantivo un encontro con usuarios dos servizos que presta no municipio a Cruz Vermella. Segundo lembrou o titular provincial, as achegas que realizan a Deputación e o Concello de Monforte permiten atender os gastos de luz, auga e gas a 160 familias monfortina, ademais de entregarlles tres lotes de comida, con produtos perecedoiros, durante todo o ano. As aportacións de ambas institucións acadan os 8.000 euros.
ACTIVIDADES E ASISTENCIA GRATUÍTA PARA 500 USUARIOS EN MONFORTE
Cruz Vermella atende a 500 usuarios de Monforte, cun equipo formado por un traballador social, unha educadora social e un grupo de voluntarios. Ademais, o colectivo organiza unha serie de actividades, totalmente gratuítas, que inclúen obradoiros de memoria para maiores, programas de apoio escolar para nenos e nenas, e cursos de formación para persoas en paro. Tamén ofrece un servizo de mediación laboral, teleasistencia e campamentos de verán.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria celebrará a I Carreira da Muller o sábado 10 de marzo

Seguinte Nova

10 concellos do sur lucense contan xa cun desfibrilador para emerxencias

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: