Sarria celebrará a I Carreira da Muller o sábado 10 de marzo

Foto de arquivo dunha das carreiras populares celebradas en Sarria. (Arquivo EC).

A proba establece dúas modalidades, en carreira ou en andaina, cun mesmo percorrido de 5 quilómetros. A carreira absoluta acepta participantes a partir de 12 anos, e todos os menores que tomen parte na andaina deberán ir acompañados por un adulto. Segundo as bases da proba, a entrega de dorsais terá lugar no Paseo do Malecón de 16,00 a 17,30 horas.

A proba partirá ás 18,00 horas do cruce de Samos en Calvo Sotelo, seguindo por un percorrido sinalizado a través da rúa Castelao e ponte das Aceas, volteando polo campo de fútbol, estrada de Monforte e rúa Castelao. A meta situarase no Malecón. Os participantes na carreira recibirán unha camiseta do evento.
As inscricións, gratuítas, deberán realizarse antes do mércores 7 de marzo na plataforma www.championchipnorte.com. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*