Crónica del sur de Lugo

Xa se poden reservar prazas para as viaxes en catamarán pola Ribeira Sacra

•As rutas iniciaranse o 24 de marzo, xusto antes de Semana Santa

O ano pasado, as rutas fluviais rexistraron máis de 53.250 suarios.GPDL

As rutas fluviais pola Ribeira Sacra arrancarán o sábado 24 de marzo, na fin de semana previa á Semana Santa. O deputado de Turismo, Eduardo Vidal, anunciou que xa está operativa a central de reservas, na que os usuarios poderán gardar ou comprar os billetes, ademais de realizar todo tipo de consultas turísticas sobre o servizo e a contorna.
A central de reservas conta cunha plataforma on line, www.reservas.rutasembalses.es, que funciona as 24 horas. Ademais, os usuarios teñén á súa disposición o teléfono 982 260 196, de luns a venres, en horario de 9,00 a 14,30 horas. Por outra banda, os interesados poden recibir atención presencial no departamento de Turismo da Deputacion, situado na primeira planta do Pazo de San Marcos, en Lugo.
HORARIOS E PREZOS
En Semana Santa, os catamaráns funcionarán todos os días, cunha ruta ás 11,30 e outra ás 16,00 horas. O resto dos días, a ruta do Canón do Sil dende Doade sairá de mércores a domingo, ademais de festivos, ás 11,30 e ás 16,00 horas. Con este mesmo horario funcionará a ruta do Cabo do Mundo dende Belesar, con saídas os sábados, domingos e festivos que determine o servizo.
A partir do 1 de xuño na ruta de Doade, e dende o 1 de xullo na de Belesar, haberá rutas todos os días ata o 30 de setembro, con tres servizos diarios ás 11,30, 16,30 e 19 horas.
En canto aos prezos, a tarifa normal individual é de 9 euros, e a reducida de 5 euros, para nenos de 4 a 12 anos, maiores de 65 e usuarios de carné xove. Os menores de 3 anos viaxan gratis. •

O BNG reclama que se manteña a xestión pública dos catamaráns

O portavoz do BNG no sur de Lugo, Emilio Sánchez, con representantes da formación nacionalista en Lugo. (Foto:BNG)

O portavoz do BNG no sur de Lugo, Emilio Sánchez, pedirá no vindeiro Pleno que a Deputación manteña a xestión pública dos catamárans, e recupere as liñas que se ofrecían en 2015. Sánchez argumenta que a privatización suporá aumentar o gasto dos 400.000 euros actuais a 700.000, e “dar un servizo menor”. Así mesmo, reclamará a limpeza da fonte do embarcadoiro do Sil.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio