Crónica del sur de Lugo

Máis seguridade no cruce das estradas autonómicas en Bóveda

•A Xunta instalará sinais luminosos e bandas de redución de velocidade para avisar do cruce

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, comentou co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, as características do cruce de estradas na capitalidade. GPDTL

A Xunta ten previsto mellorar a seguridade do cruce de Bóveda entre as estradas que van a Monforte e a Quiroga. Así o anunciou o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, na visita que realizou ao municipio a comezos deste mes. Balseiro, acompañado polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, comprobou in situ as características do cruce entre os viais LU-546 e LU-652.
Balseiro explicou que, despois de analizar o cruce, os técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas propuxeron instalar máis sinalizacións e bandas de redución de velocidade.
Deste xeito, colocaranse novos paneis retroreflectores e luminosos, que recordarán aos usuarios do vial a presenza do cruce e do sinal de stop. As bandas transversais obrigarán a reducir a velocidade. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio