A Xunta instalará dúas glorietas na estrada de circunvalación de Monforte

•Segundo a Axencia Galega de Infraestruturas, as obras iniciaranse este ano •As glorietas mellorarán a seguridade vial nos cruces da circunvalación coas rúas Abeledos e Corredoira

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, anunciou as obras en Monforte durante a Comisión segunda do Parlamento de Galicia, o 15 de febreiro. GPXG

• Monforte contará con dúas glorietas na Ronda María Emilia Casas Baamonde, nos cruces coas rúas Abeledos e Corredoira. Así o anunciou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, na súa intervención na Comisión segunda do Parlamento de Galicia, o pasado 15 de febreiro. Menéndez explicou que o proxecto, para o que a Xunta vai destinar máis de 320.000 euros, está en fase de supervisión. O Executivo galego prevé licitalo «nas vindeiras semanas», e iniciar a súa execución este ano.
O director da Axencia Galega de Infraestruturas explicou os detalles das actuacións previstas neste tramo da estrada LU-644. As glorietas construiranse no punto quilométrico 1+240, no que conflúen a rúa Abeledos e o vial LU-P-3202, e no 1+150, na intersección coa rúa Corredoira, pola que se accede ao Hospital Comarcal e ao núcleo urbano.
ACONDICIONAMENTO XERAL DO TRAMO
Francisco Menéndez precisou que, ademais da construcción das glorietas, o proxecto inclúe a humanización do tramo de estrada entre ambos puntos, así como o acondicionamento dos entronques cos viais de cruce. Tamén se vai reforzar o firme e a drenaxe, e se instalará unha nova sinalización vial. Dentro do proxecto vaise acometer o arranxo do firme nunha superficie algo superior á do treito inicial. Ademais, instalarase unha beirarrúa na marxe dereita no tramo entre as dúas novas glorietas, así como varios pasos elevados para peóns.
As actuacións completaranse cun reforzo na iluminación, instalando novos puntos de luz LED nas glorietas e nos pasos de peóns, e se renovará o que xa existe.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis melloras nos viais urbanos de Monforte

Seguinte Nova

O Goberno local de Sober instalará en Doade a primeira ecolagoa da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: