Crónica del sur de Lugo

Máis melloras nos viais urbanos de Monforte

•O Concello renovou o firme en tres rúas da cidade, ademais de dotalas de sinalización viaria

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado polo concelleiro de Servizos, José Luis Losada, na presentación das últimas obras de mellora en rúas da cidade, a finais de xaneiro. GPCM
• O Goberno local de Monforte vén de acometer tres novas actuacións de mellora do firme en viais da cidade. As obras supuxeron o acondicionamento do firme nas rúas Juan Montes e Zapardiel, así como no lateral da explanada do cemiterio. En Aceña Nova o asfaltado realizarase cando acaben as obras de instalación das tuberías da auga. Ademais, as melloras incorporaron elementos de sinalización horizontal e vertical.
“INTEGRACIÓN NO URBANISMO DE ZONAS ANTES ESQUECIDAS”
O alcalde, José Tomé, precisou o alcance dos traballos, que supoñen un investimento de preto de 92.000 euros. A mellora do pavimento realizouse aplicando unha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor, nunhas rúas que se atopaban “moi deterioradas”.
Tomé destacou a importancia deste traballos “porque dúas zonas da cidade tradicionalmente esquecidas, como son a rúa Zapardiel e Aceña Nova, son agora obxecto de atención”. “Queremos que se integren plenamente no urbanismo da cidade”, salientou.
O rexedor local fixo referencia tamén ás melloras que suporá o arranxo do lateral do cemiterio, pola presenza na zona de varias pequenas industrias.
DETALLE DAS OBRAS
Na rúa Zapardiel, asfaltouse dende Doutor Casares ata Calvo Sotelo, sinalizando ademais os aparcadoiros na traseira do instituto. O proxecto completouse coa instalación dunha varanda de seguridade ao inicio de Doutor Casares e a explanada de acceso a San Vicente.
No caso de Aceña Nova, o proxecto suporá un tratamento integral, segundo afirmou o alcalde. O asfaltado terá que esperar a que se completase a renovación da tubaxe de abastecemento de auga. Na vía lateral do cemiterio, o arranxo consistiu no asfaltado e na sinalización viaria.
Para o proxecto en Juan Montes, o alcalde destacou que a rúa “terá continuidade” en futuras obras dende a vía do tren cara Reigada. No firme, realizouse un fresado para axeitar o pavimento ás beirarrúas e á rúa Ferrocarril.
Os traballos completáronse coa aplicación dunha nova capa de asfaltado na rúa da Estrela e en Duquesa de Alba.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

     
Ir a Inicio