Crónica del sur de Lugo

Dobre sesión de Entroido na Pobra do Brollón, coa tradicional cita do Oso de Salcedo e o desfile polas rúas da capitalidade

O Oso de Salcedo é unha das tradicións máis características dos Entroidos de Galicia. Arquivo EC
• A Pobra do Brollón ofrecerá, un ano máis, unha sesión dobre de Entroido.
DESFILE O SÁBADO DE ENTROIDO NA POBRA
O sábado 10 de febreiro, terá lugar nas rúas da capitalidade o Desfile de comparsas, carrozas e disfraces, que partirá ás 17 horas do cruce da estrada de Sáa. Os participantes, previamente inscritos, deberán recoller os números  correspondentes a partir das 16 horas, nas oficinas do Concello. A charanga Os Escachapeitos
amenizará o desfile, e ao remate, celebrarase a entrega de premios, na Casa da Cultura Olga Novo.
Música, crítica e ledicia marcan o desfile do Sábado de Entroido na Pobra do Brollón. Arquivo EC
AXENDA EN SALCEDO
O Entroido da parroquia de Salcedo comezará o sábado 10 de febreiro, cunha sesión de teatro a partir das 22 horas. Xa o domingo, a festa iniciarase ás 17 horas, coa saída das Madamas e Danzantes, acompañados cos pasarrúas do grupo de gaitas Os Tocainas. Ás 18 horas, terá lugar a lectura do pregón, a cargo do actor e cómico Avelino González, e ás 20 horas celebrarase un baile, con música do trío Sabor Latino. O teatro voltará ás 22 horas, para seguir cun baile amenizado pola orquestra Los Satélites.
O luns 12 de febreiro será o día grande do Entroido de Salcedo. Pola tarde, o Osiño e os seus Criados precederán, ás catro e media, a saída do Oso e os Criados ás cinco. A ambientación musical virá da man da charanga Terras do Bibei. Xa ás nove, comezará a Cea Popular, que continuará cun baile amenizado polas orquestras Fania Blanco Show e Nevada.
O martes 13 de febreiro será o último día das celebracións en Salcedo. Ás 19 horas, comezará unha sesión de animación musical para toda a familia, a cargo de Imaxinatia. Ás 21 horas, terá lugar unha Paellada gratuíta con música a cargo da orquestra Gran Parada. Haberá tamén un concurso de disfraces con premios. •
O Osiño cos seus Criados anticipa a saída do Oso de Salcedo na tarde do 12 de febreiro, o día grande desta senlleira celebración. Arquivo EC
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio