Crónica del sur de Lugo

27.000 lucenses participaron na campaña Merca e Gaña polo Nadal

•Segundo os promotores, a campaña deixou máis de 1,6 millóns de euros no comercio da provincia de Lugo

O balance da campaña Merca e Gaña polo Nadal presentouse o 12 deste mes, durante o sorteo dos premios. GPDL

• O comercio lucense ingresou máis de 1,6 millóns de euros durante a campaña Merca e Gaña polo Nadal, iniciativa promovida pola Deputación de Lugo en colaboración coa Federación Galega de Comercio. No balance que presentaron os responsables institucionais durante o sorteo dos premios, déronse a coñecer os datos de participación. Na campaña que se prolongou dende o 6 de decembro ata o 6 de xaneiro, tomaron parte 27.000 persoas que realizaron outras tantas compras en máis de 5.500 establecementos de comercio local ao longo da provincia.
A través dos seus tickets de compra, os participantes entraron no sorteo de regalos por valor de 10.000 euros. Os 40 gañadores recibirán 20 tarxetas regalo de 300 euros, e outras 20 tarxetas de 200 euros, que poderán canxearse nos establecementos do comercio local. •

A CAMPAÑA “MERCA E GAÑA POLO NADAL” DEIXOU PRETO DUNHA DECENA DE PREMIOS NO SUR DE LUGO

O deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, na entrega dunha das 60 tarxetas regalo sorteadas na campaña “Merca e Gaña polo Nadal”. GPDL
A finais de xaneiro, tivo lugar na capital provincial a entrega dos premios aos 60 gañadores do sorteo da campaña “Merca e Gaña polo Nadal”, posta en marcha pola Deputación de Lugo en colaboración coa Federación Galega de Comercio e o Concello de Lugo.
27.000 PERSOAS PARTICIPARON NO SORTEO
Entre os 27.000 consumidores que depositaron os seus tickets de compra no comercio de proximidade, realizouse un sorteo telemático do que saíron os 60 premiados, 40 dos cales recibiron cadansúa tarxeta regalo por valor de 300 euros, e os outros 20 conseguiron tarxetas de 200 euros. En total, a campaña entregou 10.000 euros en tarxetas regalo, que deberán canxearse nos establecementos do comercio local.
GAÑADORES NO SUR DE LUGO
O sorteo das tarxetas regalo de 300 euros deixou tres gañadores en Sarria, Jennifer Quiroga, Ángela Rincón e Montse López, premio que tamén levou Teresa Fernández en Monforte e Germán Ramírez en Chantada.
En canto ás tarxetas regalo de 200 euros, corresponderon na zona sur a Pilar Arias e Yasmina Díaz, de Sarria, Nerea Diéguez, de Taboada, e Yolanda Maciñeiras, de Monforte de Lemos.
A campaña “Merca e Gaña polo Nadal” reportou ao comercio local un beneficio de preto de 1,6 millóns de euros.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio