Crónica del sur de Lugo

Seis concellos do sur lucense poderán recibir parcelas non agrícolas do Banco de Terras

•A Consellería vai proceder ao traspaso de 220 terreos a un total de 23 municipios da provincia de Lugo

Reunión do director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Manuel Pérez Dubois, cos 23 alcaldes lucenses, o pasado 10 de xaneiro. GPXG
• Un total de 23 concellos da provincia de Lugo poderán recibir da Consellería de Medio Rural 220 parcelas do Banco de Terras. No sur provincial, os concellos beneficiados serán Chantada, Taboada, O Incio, Samos, Sarria e Bóveda. Os terreos, que non reúnen as características para ser agrícolas ou forestais, poderán ser empregados para usos veciñais ou municipais.
REUNIÓN INFORMATIVA PREVIA AO TRASPASO
O procedemento de traspaso e aceptación foi explicado polo director xeral da Axencia GAlega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Manuel Pérez Dubois, aos 23 alcaldes lucenses. Na reunión, celebrada en Santiago o 10 de xaneiro, precisou que a fórmula de traspaso responde ás medidas introducidas na nova Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.
LIMPAR O BANCO DE TERRAS DE PARCELAS NON APTAS PARA EXPLOTACIÓN
Deste xeito, a Consellería de Medio Rural completa o proceso que iniciou en 2017, no que se revisaron preto de 2.500 parcelas para comprobar as súas características. O traspaso pretende, por unha banda, facer máis operativo o Banco de Terras, ao eliminar aqueles terreos que non valen para o aproveitamento agrícola, gandeiro ou forestal. Ademais, permite aos concellos dispoñer de superficie para os usos que estime necesarios.
Ata decembro de 2017, a Consellería de Medio Rural formalizou o cambio na titularidade de 1.234 parcelas en favor de 37 municipios de toda Galicia.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
Ir a Inicio