O Consorcio de Turismo achega á veciñanza o proxecto de recuperación de esgrafiados

Un momento da intervención do historiador e investigador Xosé Manuel Vázquez, na xornada sobre esgrafiados que organizou o Consorcio de Turismo en Taboada o 14 de xaneiro. CTRS
O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra continúa co proxecto de recuperación e posta en valor dos esgrafiados, unha técnica tradicional de recubrimento de fachadas que aplica métodos e ornamentos específicos desta zona.
IMPLICACIÓN DOS VECIÑOS
Coa finalidade de dar a coñecer este proxecto á veciñanza e implicar á cidadanía no seu desenvolvemento, o Consorcio organizou unha xornada informativa en Taboada. A sesión, coordinada coa Asociación Veciñal San Xulián, tivo lugar o 14 de xaneiro no local social da parroquia taboadesa de San Xulián do Campo.
CURIOSIDADE SOBRE OS ESGRAFIADOS E O SEU MANTEMENTO
Unha vintena de veciños e veciñas participaron nesta xornada, interesados por coñecer as características dos esgrafiados, e os métodos para recuperar este tipo de ornamentación. Recentemente, o Consorcio rehabilitou nesta zona a fachada da Casa do Camiñas.
O proxecto de recuperación de esgrafiados foi explicado aos asistentes por Xosé Manuel Vázquez, historiador, investigador e autor da obra sobre este tema que publicará en breve o Consorcio, en colaboración con Turismo de Galicia. Tamén  comentaron diversos aspectos deste proxecto Carola Sánchez, restauradora e coordinadora dos traballos materiais que se están a realizar nos últimos meses, e Alexandra Seara, xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberto o prazo para participar na XVI Feira Medieval de Monforte de Lemos

Seguinte Nova

Seis concellos do sur lucense poderán recibir parcelas non agrícolas do Banco de Terras

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: