Crónica del sur de Lugo

Aberto o prazo para participar na XVI Feira Medieval de Monforte de Lemos

Imaxe de arquivo dos postos de venda de artesanía e outros produtos que, durante a celebración da Feira Medieval, enchen as rúas do casco histórico de Monforte de Lemos. Arquivo EC
• O Concello de Monforte ten aberto o prazo para participar na XVI Feira Medieval, evento que se celebrará na fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril.
CANDO E ONDE INSCRIBIRSE
Segundo explicaron dende o Consistorio, os interesados en contar cun posto de artesanía, comercio ou gastronomía, deberán presentar a súa solicitude antes das 14,00 horas do 19 de febreiro. As inscricións formalizaranse na Oficina da Axente de Emprego, situada nas Casiñas da Compañía.
O listado cos admitidos publicarase na web municipal o 5 de marzo, ademais das indicacións para aboar as correspondentes taxas. Os prezos oscilan entre os 41,19 euros dos postos pequenos de artesanía e comercio, ata os 61,89 euros para os postos de alimentación, independentemente das súas dimensións.
PRIORIDADE PARA VENDEDORES DE MONFORTE
As bases da convocatoria dan a posibilidade de dispoñer postos de alimentación, comercio e artesanía, con prioridade para os vendedores de Monforte, e para os solicitantes con carta de artesán.
Os participantes deberán axeitar os seus postos á ambientación de época medieval, e só poderán vender os produtos indicados na solicitude. Os talleres e demostracións deberán constar na solicitude.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio