22.000 euros provinciais para axudar a 30 asociacións a promover a artesanía de Lugo

Imaxe de arquivo da deputada de Cultura, Pilar García Porto, no Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) de Lugo. GPDL
• A comezos deste mes, publicouse a resolución definitiva das axudas que a Deputación concedeu, en réxime de concorrencia competitiva, a 30 asociacións culturais da provincia. O obxecto destas axudas, por un importe total de 22.000 euros, serviron para sufragar demostracións das diferentes disciplinas artesanais, realizadas en feiras, ou para organizar obradoiros e cursos de artesanía.
O importe das axudas oscilou entre os 300 e os 1.000 euros, e subvencionaron actividades relacionadas co traballo do coiro, barro, cestería e madeira, así como tear, encaixe ou tapizado, entre outras modalidades.
FOMENTO DA IGUALDADE, A PARTICIPACIÓN E OS VALORES INTERXERACIONAIS
Os baremos de puntuación tiveron en conta aspectos como o fomento da igualdade de xénero, da participación da terceira idade e de persoas con capacidades diferentes, e a promoción dos valores interxeracionais.
AXUDAS PARA FEIRAS DE ARTESANÍA, CURSOS E OBRADOIROS ORGANIZADOS POR ASOCIACIÓNS CULTURAIS
Entre as axudas concedidas, está a aportada en beneficio da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Pallares, para organizar a Festa Artesanal Ferreira de Pallares 2017. Tamén se subvencionou o curso-demostración de corozas que organizou a Asociación Cultural O Garabullo de Carballedo. En Chantada, a Asociación Amigos do Folión contou cunha achega provincial para a recuperación e posta en valor dos carros tradicionais que se amosan no Folión de Carros, unha das festas etnolóxicas máis senlleiras da provincia.
A convocatoria da liña de axudas da Deputación tamén deu apoio a iniciativas das ANPAS, como no caso da dos Escolapios, para un curso de instrumentos musicais e ornamentos de Nadal, ou da ANPA do CEIP Ricardo Gasset do Incio, para un obradoiro de construción dun pandeiro cadrado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrancou a VIII Copa Deputación de Atletismo en Lugo

Seguinte Nova

Aberto o prazo para participar na XVI Feira Medieval de Monforte de Lemos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: