Crónica del sur de Lugo

Arrancou a VIII Copa Deputación de Atletismo en Lugo

•Conta cun total de seis probas, catro en pista cuberta e dúas ao aire libre

Presentación da VIII Copa Deputación de Atletismo, que se disputa na capital provincial dende o 20 deste mes. GPDL
• O 20 de xaneiro, comezaron as probas da VIII Copa Deputación de Atletismo, que se disputa nos vindeiros meses. Este ano, a competición contará con dúas probas máis, para ampliar a repercusión dun evento deportivo que convoca a unha media de 500 persoas por proba. Estes datos foron ofrecidos durante a presentación da Copa Deputación de Atletismo polo deputado responsable da Área de Deportes, Pablo Rivera.
DINAMIZACIÓN POLO DEPORTE
O organismo provincial é o principal patrocinador do evento, cunha achega de 6.000 euros, xa que é unha cita consolidada no calendario deportivo galego, segundo precisou Rivera.Por este motivo, a organización decidiu incluír 6 probas, entre xaneiro e febreiro as de pista cuberta, e as dúas ao aire libre xa na primavera, en datas por confirmar. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio