Crónica del sur de Lugo

Lugo acolleu un taller de marcha nórdica para impulsar hábitos saudables

•Un total de 50 persoas participaron nesta actividade •O taller estivo organizado pola Deputación e a asociación Somos Unidos contra el Cáncer

A deputada Sonsoles López Izquierdo, o presidente de Somos Unidos Contra el Cáncer, José Manuel Vázquez Castro, e as monitoras da Federación Galega de Montaña, Cristina González e Cecilia García, no inicio do Taller de Marcha Nórdica, que se celebrou no Pazo de San Marcos o 20 de xaneiro. GPDL
• Preto de 50 persoas participaron no Taller de Marcha Nórdica que organizaron a Deputación de Lugo e a asociación Somos Unidos contra el Cáncer, o 20 deste mes no Pazo de San Marcos de Lugo.
ANDAINA CON BASTÓNS PARECIDOS AOS DE ESQUÍ
O taller foi impartido polas monitoras da Federación Galega de Montaña, Cristina González e Cecilia García, que deron a coñecer as características desta disciplina. Segundo explicaron dende a organización, a marcha nórdica é un deporte de resistencia, ao tempo que una modalidade de exercicio ao aire libre. A marcha realízase con bastóns similares aos de esquí, para acompañar e impulsar a andaina.
TALLER TEÓRICO-PRÁTICO
Os asistentes recibiron unha charla teórica no salón de actos do Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, e continuaron cunha sesión prática polo adarve da Muralla.
FOMENTO DOS HÁBITOS SAUDABLES
O enfoque da actividade resaltou os beneficios da práctica deste deporte para a saúde. Segundo destacou na inauguración a deputada Sonsoles López Izquierdo, “para nós é un privilexio acoller este tipo de obradoiros, de carácter deportivo e saudable, abertos a toda a poboación”, e así “poder achegar o deporte e o estilo de vida saudable a todos os veciños”.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
Ir a Inicio