2017 foi un bo ano en visitas aos atractivos turísticos de Pantón

O mosteiro das Bernardas de Ferreira é un dos puntos de interese turístico máis destacados do conxunto monumental da Ribeira Sacra. Arquivo EC
• Pantón vén de pechar un “bo ano” de visitas turísticas, segundo explicaron os responsables municipais.
MÁIS DE 9.500 VISITANTES SÓ NA CAPITALIDADE
Dende o Concello informaron que o total das visitas recibidas na Oficina de Turismo de Ferreira, e as rexistradas no mosteiro cisterciense do Divino Salvador de Ferreira suman un total de 9.614 persoas.
SOBRE TODO, TURISTAS ESPAÑOIS
En canto á procedencia dos visitantes, a maior parte son de nacionalidade española, sobre todo procedentes de Galicia, pero tamén de Madrid, Andalucía e Cataluña.
A CIFRA SUBE UN 25% COS REXISTRADOS FÓRA DE FERREIRA
Os datos aportados dende a Oficina de Turismo non teñen en conta as visitas realizadas a outros puntos de interese do municipio. Neste sentido, a estimación oficial é que os datos de afluencia absolutos poden incrementarse ata nun 25% máis.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O transporte escolar na provincia custa preto de 16 millóns anuais á Xunta

Seguinte Nova

Máis impulso ao Campus de Lugo da man da Deputación e a Universidade de Santiago

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: