Crónica del sur de Lugo

O transporte escolar na provincia custa preto de 16 millóns anuais á Xunta

•Este curso, 8.798 estudantes lucenses benefícianse deste servizo

O delegado da Xunta en Lugo realizou unha ruta escolar con estudantes do CEIP As Nogais, o día 10, para presentar o balance deste servizo na provincia. GPDTL
• O servizo de transporte escolar na provincia de Lugo supón un investimento anual de preto de 16 millóns de euros da Xunta. No presente curso, están a empregar este transporte 8.798 escolares lucenses, distribuidos en preto de 700 rutas diarias. Este foi o balance presentado por José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo, logo de acompañar a un grupo de estudantes do CEIP As Nogais na viaxe de ida ao seu centro educativo.
355 CONTRATOS  TRANSPORTE ESCOLAR NA PROVINCIA
Balseiro precisou que o servizo de transporte é gratuíto para os estudantes de ensino obrigatorio, polo que o seu financiamento corre a cargo, na súa totalidade, da Xunta de Galicia. Na actualidade, o Executivo autonómico ten en marcha 355 contratos de transporte escolar na provincia de Lugo. O servizo está adaptado aos horarios de entrada e saída dos centros de ensino, con especial fincapé no eido rural.
AFORRO E CONCILIACIÓN LABORAL
O delegado salientou que, ademais dos traslados aos colexios e institutos, a Xunta tamén busca dar un “servizo complementario ao estritamente educativo”, que supón un aforro para as familias, ao tempo que facilita a conciliación familiar e laboral.
HÁBITOS SOCIAIS E DE RESPONSABILIDADE INDIVIDUAL PARA OS ESCOLARES
José Manuel Balseiro puxo de manifesto que o uso do transporte escolar serve para fomentar nos rapaces e rapazas “hábitos de responsabilidade e puntualidade, maior confianza e respecto á figura do coidador, e unha maior socialización”.
Para as familias, o uso do transporte escolar implica vantaxes, que segundo Balseiro, concrétanse no aforro de combustible e de tempo, así como na redución dos problemas de tráfico na contorna dos centros educativos.
UN SERVIZO QUE AXUDA A MANTER O EMPREGO NO SECTOR
O emprego tamén resulta beneficiado co servizo de transporte escolar que financia a Xunta de Galicia. Segundo precisou Balseiro, as liñas de buses escolares axudan a manter as plantillas das empresas concesionarias, entre condutores, coidadores, e operarios de mantemento, así como persoal administrativo.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio