Crónica del sur de Lugo

A Ribeira Sacra amosou ao mundo os seus novos proxectos en FITUR 2018

•O éxito dos voos en globo e a recuperación dos esgrafiados centraron a intervención do presidente do Consorcio Ribeira Sacra • A Feira Internacional de Turismo en Madrid serviu para reafirmar a próxima declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural de Galicia

O presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, durante a súa intervención en FITUR 2018, o 19 de xaneiro. CTRS

• A Feira Internacional de Turismo FITUR 2018, que se celebrou en Madrid do 17 ao 21 de xaneiro, serviu de marco para a presentación das novidades desenvolvidas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Da man do seu presidente, o alcalde soberino Luis Fernández Guitián, os asistentes puideron coñecer o éxito das viaxes en globo, a importancia da recuperación patrimonial dos esgrafiados, e as últimas novidades sobre o recoñecemento oficial desta zona como Ben de Interese Cultural de Galicia. Guitián, acompañado polos alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez, e o de Monforte, José Tomé, adiantou tamén o novo portal de información turística que está a ofrecer o Consorcio.
AS 280 PRAZAS DOS VOOS EN GLOBO ESGOTÁRONSE EN HORAS
Fernández Guitián comezou a súa intervención en FITUR 2018 facendo balance dos voos en globo pola Ribeira Sacra, unha iniciativa presentada neste mesmo foro un ano antes, e que se saldou cun éxito sorprendente. “Entre xuño e setembro puxéronse á venda 280 prazas, que se esgotaron en horas”, suliñou Guitián.

 

Os alcaldes de Monforte, José Tomé, e de Pantón, José Luis Álvarez, asistiron á presentación da Ribeira Sacra en FITUR 2018, xunto a representantes autonómicos e provinciais, o pasado 19 de xaneiro. CTRS
MURALISMO E ESGRAFIADOS PARA POÑER EN VALOR O DESTINO RIBEIRA SACRA
A continuación, o presidente do Consorcio de Turismo fixo referencia á conservación do destino Ribeira Sacra, mediante a recuperación dos esgrafiados. Segundo explicou Fernández Guitián, esta iniciativa dá continuidade ao proxecto de muralismo iniciado hai dous anos. En 2017, esta liña de traballo, que busca loitar contra o feísmo arquitectónico, centrouse no rescate e reinterpretación dunha iniciativa foi arraigada nestas terras, como é a técnica dos encintados. Este recubrimento de fachadas, a base de singulares motivos ornamentais, estase a recuperar en entornos rurais da Ribeira Sacra, contribuíndo ao mantemento dos espazos e á posta en valor desta técnica tradicional.
NOVO PORTAL WEB DE INFORMACIÓN
A aplicación das novas tecnoloxías para promover o destino Ribeira Sacra deu como resultado o novo portal de información turística que o Consorcio terá plenamente operativo antes de Semana Santa. Con máis contidos audiovisuais e interactivos, o portal aumenta notablemente as súas prestacións, con información en 6 idiomas e os últimos avances para ofrecer unha experiencia máis atractiva e completa.
CONTA ATRÁS PARA QUE A RIBEIRA SACRA SEXA BEN DE INTERESE CULTURAL DE GALICIA
Fernández Guitián rematou anunciando a próxima declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural de Galicia, paso imprescindible para afianzar a súa candidatura a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio