Diversión, cultura e participación nas actividades da Escola Oficial de Idiomas de Monforte

Entrega dunha das cestas aos gañadores dos 4 bingos de Nadal solidarios, compostas de produtos de cada unha das catro culturas participantes. (Foto: EOI)
• A Escola Oficial de Idiomas de Monforte completou o primeiro trimestre do curso cunha ampla axenda de actividades. Gastronomía, tradicións, música e actualidade foron os eixos dos eventos, nun ambiente lúdico e participativo.
As actividades comezaron en outubro, co concerto-documental «O Regueiro», a cargo de Pilo Sierra e L.A.R. Legido, . en torno á figura de Consuelo Rodríguez López, Chelo, unha das últimas testemuñas dun tempo de represión. O concerto ofreceuse na en dobre sesión, para estudantes do IES Río Cabe e Ferroviario, e para o alumnado do centro.

 

Exposición decorativa e gastronómica sobre a celebración do Nadal en Alemaña, por iniciativa do Departamento de Alemán da Escola Oficial de Idiomas de Monforte. (Foto: EOI)
HALLOWEEN
O calendario festivo estivo moi presente na Escola, como estímulo para desenvolver actividades lúdico-formativas. Así, a festa de Halloween serviu para organizar un concurso-exposición de cabazas decoradas, e unha sesión gastronómica sobre pratos  tradicionais do Día de Todos Os Santos en Italia e Francia.
LITERATURA
A literatura tamén estivo presente na axenda da Escola Oficial de Idiomas. A finais de novembro, tivo lugar a presentación da Guía do Camiño de Inverno, a cargo da súa autora, Aida Menéndez Lorenzo, que deu a coñecer as edicións en castelán e inglés.
A literatura oral veu da man dunha divertida sesión de contacontos bilingüe, desenvolvida por Teresa Grau e Kelly Juliano.

 

Estrea da nova cociña da Escola, na que xa se poden preparar as receitas máis típicas de Gran Bretaña, Francia, Italia ou Alemaña. (Foto: EOI)
NADAL
O Nadal veu cheo de actividade na Escola. Logo dun cuestionario-concurso con premio dunha cesta de produtos da castaña, houbo tempo para preparar un Nadal ao xeito alemán. O alumnado deste idioma participou na preparación de calendarios de Advento, decoracións e postres típicos de Alemaña. E incluso recibiron a visita do mesmísimio San Nicolás, que agasalla aos cativos o 6 de decembro.
Un combinado de gastronomías europeas preparouse en decembro na nova cociña que estreou a Escola. Alumnado e invitados elaboraron os pratos da festa do Nadal, na que se recolleron alimentos para a Cruz Vermella a cambio de cartóns para os catro bingos de inglés, francés, italiano e alemán. Cada gañador recibiu unha cesta con produtos do país  correspondente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novas actuacións provinciais para mellorar os accesos a fincas e núcleos rurais

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra amosou ao mundo os seus novos proxectos en FITUR 2018

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: