A Deputación pechou o ano con novos investimentos por 5,2 millóns

•As actuacións executaranse en 31 concellos , dos que 7 son do sur de Lugo •Os traballos inclúen melloras en estradas, en traídas de auga e locais sociais

O presidente da Deputación, Darío Campos, informou dos investimentos aprobados na Xunta de Goberno celebrada a mediados de decembro. GPDL

 

• A Deputación aprobou en decembro novos investimentos por valor de 5,2 millóns de euros, para actuacións en 31 concellos, 7 dos cales están no sur de Lugo. O Incio, Chantada, Bóveda, Láncara, Ribas de Sil, Taboada e Pantón beneficiaranse destas obras, que servirán para mellorar traídas de auga, estradas e accesos a núcleos, así como obras en locais sociais, entre outras.
3,4 MILLÓNS PARA CONSTRUÍR A RESIDENCIA DE BECERREÁ, E 1 MILLÓN PARA ARRANXAR 8 ESTRADAS
Cómpre destacar que a partida máis notable corresponde á contratación das obras de construción da residencia pública de Becerreá, para a que o organismo provincial aprobou 3,4 millóns de euros.
Ademais, destinarase un millón de euros a traballos de acondicionamento dun total de 16 quilómetros de 8 viais. Estas actuacións están incluídas dentro do Plan de Mellora de Estradas Provinciais.
MEDIO MILLÓN PARA ARRANXAR ACCESOS A NÚCLEOS RURAIS
En canto á mellora de viais, a Deputación aprobou tamén 500.000 euros para acondicionar accesos a un total de 28 núcleos rurais. Entre os concellos beneficiados por esta medida, están Bóveda, Láncara, O Incio, Chantada e Ribas de Sil.
TRAÍDAS DE AUGA EN 9 CONCELLOS
O municipio de Ribas de Sil tamén está incluído no listado de concellos nos que a Deputación financiará melloras en traídas de auga. En concreto, o organismo provincial destina 125.000 euros para 9 actuacións noutros tantos municipios.
MELLORA EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Unha das partidas máis destacadas é a referida á mellora do campo de fútbol A Medela, en Taboada, traballos para os que a Deputación aporta 170.000 euros.
ACONDICIONAMENTO DE CINCO LOCAIS SOCIAIS NO RURAL
O financiamento provincial tamén servirá para acondicionar locais sociais de parroquias en cinco concellos, entre eles Pantón.
Por último, as partidas aprobadas pola Deputación de Lugo a finais de ano inclúen outros 30.000 euros para comprar maquinaria de reforzo do parque móbil de Negueira de Muñiz.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta ofrece 67 vivendas de promoción pública en 16 concellos de Lugo

Seguinte Nova

•A XXXVIII Feira do Viño de Amandi estará adicada ao Concello da Pobra do Brollón, con Cristina Pato como pregoeira

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: