Crónica del sur de Lugo

278 actividades culturais ao longo da provincia foron promovidas pola Deputación en 2017

•Os eventos estiveron organizados por asociacións e colectivos, con subvencións do organismo provincial •A Deputación destinou 280.000 euros a esta liña de axudas

A deputada de Cultura, Pilar García Porto, nunha imaxe de arquivo cos participantes nunha das actividades culturais subvencionadas polo organismo provincial en 2017. GPDL

 

• A Deputación de Lugo concedeu un total de 280.000 euros en subvencións, en concorrencia competitiva, a entidades asociativas culturais de 55 municipios lucenses. Con estas achegas, foi posible o desenvolvemento de 278 actividades de dinamización social e cultural. A resolución das axudas foi publicada no Diario Oficial da Provincia de Lugo o pasado 5 de xaneiro. As actividades subvencionadas inclúen, entre outras, festivales de música e danza tradicionais, premios literarios, festivais de teatro ou xornadas de estudo.
A zona con máis actividades financiadas con axudas provinciais foi A Mariña, cun total de 61 actividades para as que o organismo provincial aportou 62.950 euros. Na zona sur de Lugo, a Deputación concedeu subvencións por un valor total de 76.400 euros, que permitiron a realización de 77 actividades.
En concreto, na comarca de Sarria tiveron lugar 18 eventos en media ducia de concellos, cun total de 18.000 euros en subvencións. Na zona de Chantada e A Ulloa, a aportación provincial foi de 26.500 euros, para realizar 26 actividades en cinco municipios. Pola súa banda, as comarcas de Lemos e Quiroga acolleron 33 actividades en sete concellos, apoiadas con subvencións provinciais por un total de 31.900 euros. •

•PROGRAMACIÓNS NO SUR DE LUGO

COMARCA DE SARRIA:
Entre outras actividades, desenvolvéronse as seguintes: Viaxe á Ribeira Sacra de veciños e veciñas do Páramo; programa de difusión cultural do Castro de Formigueiros en Samos; actividades extraescolares da APA do CEIP de Triacastela; actividades de animación no Incio; o premio Facer País en Láncara; os festivais Esmorga Fest e Espantada Rock en Sarria.
COMARCAS DE CHANTADA E A ULLOA:
Os eventos máis destacados foron a Ruta do Penedo do Mouro en Carballedo; o magosto e as actividades de promoción do grupo Zoelas en Antas de Ulla; o Folión de Carros e a Mostra de Teatro Maruxa Villanueva en Chantada; o Encontro Gaiteiro en Monterroso; e o Fiandón e a Revista Cairón en Palas de Rei.
COMARCAS DE LEMOS E QUIROGA:
A programación realizada por asociacións e colectivos culturais con achegas da Deputación incluiu, entre outros, os seguintes eventos: Viaxes culturais para veciños e veciñas de Bóveda; varios concertos de Corais desenvolvidos en Monforte de Lemos; a tradicional Festa do Oso de Salcedo, en A Pobra do Brollón; o curso de Cata de Viños do Mundo, en Quiroga; unha viaxe ás Illas Cíes para veciños e veciñas de Ribas de Sil; o Festival de Música na Rúa en O Saviñao; e a edición da revista O Mirador, en Sober.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio