Augas Santas rematou o ano con torneos e a cea de Nadal

•O presidente da Federación Galega de Golf foi recoñecido como Socio de Honra do club

O director xeral de OCA Hotels, Ramón Braña, entregou a placa de Socio de Honra do Club de Golf Augas Santas a Daniel Fernández, presidente da Federación Galega de Golf. (Foto cedida)

 

• O 8º Torneo Cestas de Nadal Gadis pechou un ano de competicións nas instalacións de golf do OCA Augas Santas. A entrega dos premios tivo lugar durante a tradicional cea de Nadal, na que se recoñeceu como Socio de Honra do Club de Golf Augas Santas a Daniel Fernández, presidente da Federación Galega de Golf. Na velada, tamén se entregaron os premios da Orden de Mérito do Club de Golf 2017, aos xogadores de mellor nivel no ano. En handicap, foi recoñecido Miguel Ángel Martínez, en scratch Alberto Campos, e en damas Fernanda Bouza.
Os gañadores das cestas do Torneo Gadis foron Román Lorenzo en handicap, en damas Sara Comesaña, e en aproach Juan Carlos Fernández. O premio en scratch foi para Alberto Campos.•

 

Un dos gañadores do 8º Torneo Cestas de Nadal Gadis recibe a súa cesta de mans do delegado provincial de Gadisa, acompañados polo presidente da Federación. (Foto cedida)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Doblete de ouros e pratas para os taekwondistas do Neka nos Campionatos de España e Galicia

Seguinte Nova

Exposición fotográfica dos traballos feitos polos alumnos do curso de Tamara Lebón no Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: